Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rusia lanza un novo ataque "masivo" contra o sistema enerxético ucraíno

Rusia lanza un novo ataque "masivo" contra o sistema enerxético ucraíno

Zelenski condenou o ataque en que as forzas rusas utilizaron, segundo o presidente de Ucraína, máis de 50 mísiles e máis de 20 drons

Reuters Reuters
G24.gal 08/05/2024 08:05

Rusia lanzou esta madrugada un novo ataque “masivo” con mísiles contra infraestruturas eléctricas de seis rexións distintas do centro, sueste e oeste de Ucraína, segundo informou este mércores o ministro de Enerxía de Ucraína German Galushchenko.

“O inimigo non abandona os seus plans de deixar os ucraínos sen luz. Un novo ataque masivo contra a nosa industria enerxética”, dixo Galushchenko nun comunicado publicado polo ministro nas súas redes sociais.

Segundo a fonte, Rusia atacou “infraestruturas de xeración e transmisión de electricidade nas rexións de Poltava e Kirovograd (centro), Zaporizhzhia (sueste), Leópolis, Ivano-Frankivsk e Vinitisia (oeste)”.

Fontes militares ucraínas informaron nas primeiras horas do mércores dunha nova onda de mísiles e drons rusos contra rexións de todo o país, incluída Kíev. 

Zelenski condena o ataque en que as forzas rusas utilizaron, segundo o presidente de Ucraína, máis de 50 mísiles e máis de 20 drons

O presidente de Ucraína Volodimir Zelenski condenou hoxe nunha mensaxe matutina publicada nas súas redes sociais o ataque en que as forzas rusas utilizaron, segundo o presidente, máis de 50 mísiles e máis de 20 drons.

Zelenski lembrou que o ataque se produce cando Ucraína celebra o Día de Conmemoración da Vitoria sobre o Nazismo na II Guerra Mundial. Ucraína celebra desde o ano pasado esta efeméride o 8 de maio, como o fai a Unión Europea. Ata entón celebrábaa o 9 de maio do mesmo xeito que Rusia.

“Más de 50 mísiles e máis de 20 (drons) Shahed contra infraestruturas dos óblasts de Lviv, Vinitsia, Kíev, Poltava, Kirovograd, Zaporizhzhia e Ivano-Frankivsk”, dixo o xefe do Estado ucraíno sobre un ataque ruso que cualificou de “terrorista”.

“Todo o mundo debe entender con claridade quen é quen. O mundo non ten dereito a darlle outra oportunidade ao nazismo”, remachou Zelenski a súa mensaxe.

Segundo a Forza Aérea ucraína, Rusia lanzou a pasada madrugada contra Ucraína 55 mísiles e 21 drons. Más dunha trintena dos proxectís eran mísiles de cruceiro. As forzas rusas tamén dispararon un mísil hipersónica Kinzhal e dous mísiles balísticos Iskander-M.

As defensas ucraínas derrubaron 39 destes mísiles e 20 drons. O Kinzhal e os Iskander-M non puideron ser interceptados. Segundo o parte da Forza Aérea, o ataque tivo como obxectivo “infraestruturas críticas ucraínas”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade