Sácanlle un parafuso que tiña nos bronquios dende había sete meses
Sácanlle un parafuso que tiña nos bronquios dende había sete meses
A muller, de 70 anos, aspirara sen decatarse a peza de titanio despois dunha cirurxía dental
Levaba meses sufrindo infeccións respiratorias continuas e acabaron descubrindo que tiña un parafuso nos bronquios. Foi o que lle pasou a unha paciente que acaban de operar en Vigo. A peza metálica que tiña aloxada formaba parte dun implante dental.
A muller, duns 70 anos, aspirara sen decatarse o parafuso, que tiña na boca dunha cirurxía para un implante dental. Durante sete meses produciulle varias infeccións respiratorias, ata que grazas a unha broncoscopia conseguiron retirarllo.
Segundo o pneumólogo que realizou a intervención, non hai referencias previas sobre a presenza de corpos de titanio, coma este caso, nos bronquios. A extracción foi máis sinxela do que agardaban, porque o parafuso non estaba suxeito a tecidos.
Despois da intervención, en apenas dúas horas, a muller puido marchar á casa xa sen o parafuso.