Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sae de Odesa o primeiro barco con cereal ucraíno, tras o bloqueo de Rusia

Sae de Odesa o primeiro barco con cereal ucraíno, tras o bloqueo de Rusia

 

A viaxe realízase no marco do acordo asinado o pasado 22 de xullo en Istambul entre Moscova, Kiev, Ankara e as Nacións Unidas, para que Rusia permitirse saír os cereais

Turquía confirmou que o buque xa partiu rumbo Istambul, onde será inspeccionado polo centro de coordinación establecido polos tres países e a ONU

G24.gal 01/08/2022 10:18

O primeiro barco cargado con cereal de Ucraína partiu do porto de Odessa e navega cara ao Líbano, segundo informou o Ministerio de Defensa turco esta mañá.

"Acordouse que o buque Razoni, que navega baixo bandeira de Serra Leoa e leva unha carga de millo ata o Líbano, sairá o 1 de agosto ás 8:30 horas (5:30 GMT) do porto de Odesa", di o comunicado difundida por Defensa na súa páxina web.

Programas de rastrexo marítimo como Vesselfinder e MarineTraffic demostran que o barco comezou a saír do peirao case unha hora tarde e pouco antes das 7:00 GMT pasou o faro que marca a entrada ao porto. Segundo os citados programas, está previsto que o barco chegue a Istambul ás 18:00 GMT de mañá martes.

A viaxe realízase no marco do acordo asinado o pasado 22 de xullo en Istambul entre Moscova, Kiev, Ankara e as Nacións Unidas, para permitir a exportación segura de grans ucraínos, bloqueada desde a invasión rusa de Ucraína o pasado mes de febreiro.

Un centro de coordinación establecido en Istambul, con delegados dos tres países asinantes e de Nacións Unidas, será o encargado de supervisar a ruta dos buques e inspeccionar a carga. Segundo as autoridades turcas, non hai perigo de minas flotantes no percorrido dos barcos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade