Sae sen feridas de gravidade nun impactante accidente na A-52 en Cenlle
Sae sen feridas de gravidade nun impactante accidente na A-52 en Cenlle
O turismo avariouse e parou na autovía, un tráiler que non o viu colidiu contra el
Arrastrouno máis de 60 metros e o coche quedou esmagado entre o camión e a varanda de protección do viaduto sobre o río Miño
Brutal accidente acontecido ás seis da mañá en que, milagrosamente, o condutor do turismo saíu polo seu propio pé. Conducía un coche que se avariou na A-52 en Cenlle e un camión articulado que non o viu, malia estar perfectamente sinalizado, chocou contra el e arrastrouno máis de 60 metros. Tráfico cre que salvou a vida porque nese momento ocupaba o asento do copiloto para coller a documentación do coche.
O turismo quedou desfeito, encaixado entre o tráiler e a varanda de protección do viaduto da A-52 sobre o río Miño en Cenlle. Cren que, malia o brutal impacto, salvou a vida porque ocupaba o asento do copiloto mentres collía da guanteira a documentación do coche despois de que quedase tirado na autovía por unha avaría.
Foi ese amigo seu que acudiu ao seu auxilio cando se lle avariou o coche o que escachou o cristal para que o condutor puidese saír. Está no hospital en observación, en principio sen feridas de gravidade, milagrosamente.
O condutor sinalizou perfectamente o coche cando lle parou na A-52. Segundo o camioneiro, era de noite e por un despiste non o viu, colidiu contra el, esmagouno e arrastrouno 60 metros.