Publicador de contidos
Publicador de contidos

Salvador Illa pretende acelerar a investidura, que podería demorarse se deteñen a Puigdemont

Salvador Illa pretende acelerar a investidura, que podería demorarse se deteñen a Puigdemont

O líder do PSC quere que o debate e a propia investidura como presidente da Generalitat se materialicen a semana vindeira

Esquerra e os comúns estarían dispostos a adiar eses prazos se Puigdemont perde a liberdade

 

G24.gal 04/08/2024 14:26

Salvador Illa e Carles Puigdemont son agora mesmo os vértices dunha investidura con aspectos incertos. Fonte do PSC indican que Illa manexa un calendario de pasos acelerados: pleno de investidura xa desde o vindeiro mércores e toma de posesión como presidente da Generalitat o venres, mentres que os novos consellers serían designados o luns seguinte para celebrar a primeira reunión do novo Goberno o martes 13 de agosto.

Diversas fontes coinciden en que todo pode cambiar se Puigdemont se presenta en Cataluña estre este luns e o mércores como anticipaba a través da rede social . A posibilidade de que o deteñan é obvia e, nese caso, tanto Esquerra como os comúns serían partidaros de pospoñer o debate de investidura. Esa é tamén a postura do presidente do Parlament, Josep Rull, correlixionario de Puigdemont.

Mentres, seguen as diverxencias entre o PP e o PSOE sobre este pacto fiscal.

"Supón romper a igualdade entre españois, romper a igualdade entre comunidades autónomas e é unha auténtica vergoña que cinco mil afiliados de Esquerra vaian decidir o futuro dos corenta millóns de españois", sinala Alfonso Serrano, voceiro adxunto do PP no Senado.

"Non lle aceptamos nin unha lección ao Partido Popular en materia de financiamento autonómico. Ningunha, tampouco ao señor Feijóo. cuxo principal aliado é Vox, que quere rematar coas comunidades autónomas", explica Esther Peña, voceira do PSOE.

No seo do PSOE non se produciron movementos significativos esta fin de semana arredor dos acordos subscritos por Illa tras uns días nos que ata cinco federacións socialistas pediron un debate interno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade