Publicador de contidos
Publicador de contidos

Salvamento Marítimo rescata 55 migrantes subsaharianos preto de Forteventura

Salvamento Marítimo rescata 55 migrantes subsaharianos preto de Forteventura

É a terceira embarcación irregular que chega ás illas Canarias nas últimas horas   

Durante a noite interceptaron unha balsa pneumática con 54 persoas e unha barca con 32 en augas próximas á illa de Gran Canaria

G24.gal 18/06/2023 18:00 Última actualización 18/06/2023 19:41

Salvamento Marítimo rescatou este domingo preto das Canarias unha nova embarcación irregular, a terceira xa nas últimas horas.

Transportaba 55 migrantes de orixe subsahariana a uns 6 quilómetros ao norte de Forteventura. Para o rescate mobilizouse o helicóptero Helimer e a Salvamar. Das 55 persoas rescatadas, había 41 homes, doce mulleres e dous nenos. Unha vez en terra, os migrantes foron atendidos pola Cruz Vermella e polo Servizo de Urxencias Canario.

Esta é a terceira embarcación precaria que chega ás illas nas últimas horas, despois de que se interceptara durante a noite unha balsa pneumática con 54 persoas a bordo e unha barca con 32 en augas próximas á illa de Gran Canaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade