Cargando resultados...
Salvamento Marítimo rescata unha menor na costa de Valdoviño
Salvamento Marítimo rescata unha menor na costa de Valdoviño
Foi arrastrada pola corrente mentres practicaba paddle surf
G24.gal
23/08/2022 20:48
O helicóptero de Salvamento Marítimo rescatou unha menor na costa de Valdoviño.
A rapaza foi arrastrada pola corrente mentres practicaba paddle surf na praia da Frouxeira, no concello coruñés de Valdoviño.
Desde emerxencias de Galicia informaron de que foron ata tres as persoas que solicitaron axuda para saír da auga cando estaban a practicar paddle surf na mesma zona, aínda que dúas delas foron quen de chegar á beira polo seu propio pé.