Cargando resultados...
Salvamento Marítimo traslada a Granada 46 inmigrantes recollidos na illa de Alborán
Salvamento Marítimo traslada a Granada 46 inmigrantes recollidos na illa de Alborán
Son todos homes e un deles podería ser menor
G24.gal
12/12/2023 09:54
Membros de Salvamento Marítimo trasladaron na noite deste luns ao porto de Motril (Granada) a 46 persoas de orixe magrebí que chegaron á illa de Alborán.
Os inmigrantes, todos homes e entre os que podería haber un menor, pendentes das probas oseométricas ás que será sometido, foron recollidos na illa de Alborán polo buque de Salvamento SAR Mastelero que os trasladou ao porto de Motril, onde chegaron pasadas as 22:30 horas do luns.