Publicador de contidos
Publicador de contidos

Samertolameu segue coa escalada e ponse a tres puntos de evitar o descenso

Samertolameu segue coa escalada e ponse a tres puntos de evitar o descenso

Recuperoulle cinco puntos a Santurtzi esta fin de semana

Ares e Chapela gañan o Campionato de España de traiñeiras

G24.gal 06/08/2023 14:20

Hai tres regatas Samertolameu estaba a doce puntos de evitar o descenso directo. Tres xornadas despois recuperou nove puntos, algo do que non hai precedentes na Liga e chegará a Galicia coa posibilidade de saír do posto maldito. 

O sábado en Hondarribia aproveitou un erro maiúsculo de Santurtzi que foi descualificada. O domingo gañoulle a pelexa ao seu rival directo e aproveitouse da mala regata de Kaiku que quedou entre os dous equipos. Cinco puntos que dan moito aire.  

Cabo da Cruz mantivo o seu posto na zona morna nas dúas xornadas pero perdeu as pelexas con Getaria, o seu rival directo á procura da sexta posición. 

Urdaibai demostra estar a un nivel moi superior que o resto, sumou dúas novas vitorias e xa son seis nas últimas sete regatas. O título deste ano parece que xa ten dono. 

Campionato de España en Moaña

Tirán organizou o Campionato de España de traiñeiras. Na categoría feminina impúxose Chapela con facilidade. Na masculina gañou Ares por diante de Tirán nun final apertadísimo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar