Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sánchez apoia na ONU os obxectivos de desenvolvemento sustentable

Sánchez apoia na ONU os obxectivos de desenvolvemento sustentable

O presidente en funcións ofrece que España acolla un cumio de financiamento

Sánchez intervirá este mércores ante a Asemblea Xeral das Nacións Unidas

Antón Montero 18/09/2023 19:08 Última actualización 18/09/2023 20:04

O presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, asiste en Nova York á Semana de Alto Nivel de Nacións Unidas. A súa axenda inclúe a participación en varios cumes e encontros bilaterais. 

Sánchez asistiu á xornada de diálogo dos Obxectivos do Desenvolvemento, onde declarou que "España quere ter un papel activo en todo o debate que está impulsando o secretario xeral e, por iso, desexamos acoller o cuarto cumio de financiamento para o desenvolvemento sustentable que se celebrará no ano 2025".

O presidente ten previsto atoparse cara a cara cos líderes de Mali, Iraq e Libia, e co secretario xeral da ONU, Antoni Guterres, antes de intervir este mércores na septuaxésimo oitava Asemblea Xeral das Nacións Unidas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade