Publicador de contidos
Publicador de contidos

"Blindamos o poder adquisitivo dos pensionistas presentes e futuros"

"Blindamos o poder adquisitivo dos pensionistas presentes e futuros"

Un consello de Ministros extraordinario aprobou a última parte da reforma de pensións

Escrivá prevé que o "peto das pensións" chegue aos 120.000 millóns en 2040

O Goberno e EH Bildu pactan subir ata un 30 % a pensión mínima de viuvez

José Luis Escrivá, minsitro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións (EFE/Mariscal)
G24.gal 15/03/2023 22:40 Última actualización 16/03/2023 18:53

O Goberno aprobou nun Consello de Ministros extraordinario a última parte da reforma de pensións, que introduce un modelo dual para o cálculo da pensión e inclúe medidas para aumentar os ingresos do sistema, mellorar a suficiencia das pensións mínimas e reducir a brecha de xénero.

"Culmina a modernización do noso sistema de pensións e blindamos o poder adquisitivo de todos os pensionistas presentes e futuros", destacou o ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións José Luis Escrivá na conferencia de prensa posterior.

A reforma, acordada coa Comisión Europeo e cos sindicatos CCOO e UXT, mantén ata 2044 o período de cómputo nos 25 anos vixentes, aínda que tamén será posible optar por calcular a pensión cos últimos 29 anos traballados descartando os 2 anos peores.

Entre as medidas para mellorar ingresos, a reforma prevé a suba progresiva da base máxima de cotización, de forma que entre 2024 e 2050 a base máxima (4.495,50 euros mensuais en 2023) subirá cada ano o mesmo que o IPC máis 1,2 puntos porcentuais.

Ademais, inclúe unha cota de solidariedade para salarios altos, que se pagará sobre a parte do salario que supere a base máxima, ao que se empezará aplicando unha cota do 1 % en 2025 que irá aumentando ata chegar ao 6 % en 2045. 

Escrivá prevé que o "peto das pensións" alcance 120.000 millóns en 2040

O ministro sinalou que no fondo de reserva, o denominado "peto das pensións", chegaranse a ter uns 120.000 millóns de euros a principios da década de 2040.

Este aforro, explicou Escrivá, empezará a utilizarse desde o inicio dos anos trinta ata os anos cincuenta para blindar as pensións durante os anos de maior presión demográfica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade