Sánchez fai balance do ano: "A pandemia non foi un freo, foi un acelerador para as reformas"
Sánchez fai balance do ano: "A pandemia non foi un freo, foi un acelerador para as reformas"
O presidente do Goberno avaliou os dous anos de lexislatura
Pídelles aos socios parlamentarios que validen a reforma laboral acordada con sindicatos e patronal
O presidente do Goberno fixo hoxe balance dos seus dous anos de lexislatura.
Asegura que cumpriu a metade dos seus compromisos de investidura e que o Goberno garante a estabilidade.
"Esa estabilidade política significa dúas cousas: a primeira, lexislaturas de catro anos, e eu garanto o seu cumprimento, e en segundo lugar, uns presupostos aprobados en tempo e forma", asegurou Pedro Sánchez ante a prensa.
Pasaron dous anos de goberno que Sánchez cualificou de "difíciles, complexos e intensos". Aínda así, cre que a pandemia non foi un freo,.
"A pandemia non foi un freo senón un acelerador para o goberno de España á hora de impulsar as reformas e os avances sociais que o noso país necesita".
Entre esas reformas, Sánchez destacou a do mercado laboral, un decreto que os seus socios parlamentarios ameazan con tombar. O presidente pídelles que respecten e validen o texto acordado con sindicatos e empresarios "por sentido común".
Sobre a recuperación económica, amosouse optimista pese ás correccións nas previsións.
"Imos ver estimacións á alza, á baixa, porque efectivamente hai unha extraordinaria incertidume, pero o que é certo é que hai uns datos que son reais, que non son estimacións, que son os 20 millóns de persoas ocupadas no noso país", destacou o presidente do Goberno.