Sánchez visita as tropas en Iraq e promete contribuír á seguridade na zona
Sánchez visita as tropas en Iraq e promete contribuír á seguridade na zona
Homenaxea os axentes do CNI asasinados no país no 2003
Chega a primeira visita dun presidente español a Iraq en vinte anos. Pedro Sánchez encabeza unha delegación formada tamén por empresarios españois que buscan investimentos nese país.
O presidente español comezaba a visita cunha xuntanza co primeiro ministro iraquí, e tamén visitaba as tropas españolas destacadas en Iraq, e agradecía o seu traballo. Sánchez subliñou o compromiso de España coa seguridade na zona.
Ademais, rendeu homenaxe aos sete axentes do Centro Nacional de Intelixencia (CNI) que foron asasinados nun atentado en Iraq hai vinte anos.
Recoñeceu que viñan tempos de traballo moi duros e o que supón estar lonxe das familias nestas festas natalicias. Confía en que o 2024 traia o que é ansiado por todos:
"A paz, a estabilidade en moitas partes do mundo e, en particular, en zonas próximas a Iraq".