Sánchez reúnese co rei e confirma que esgotará a lexislatura
Sánchez reúnese co rei e confirma que esgotará a lexislatura
Desbota atrasar as eleccións a 2024 pola xura da Constitución da princesa Leonor
O rei e Pedro Sánchez celebraron este martes o tradicional despacho de verán en Mallorca. O encontro trasladouse este ano de Marivent ao Pazo da Almudaina.
Durante unha hora, o presidente do Goberno informou a Filipe VI dos principais asuntos da actualidade nacional e internacional.
Ao remate do encontro, Sánchez insistiu na importancia de esgotar a lexislatura para garantir a estabilidade e dar respostas rápidas a calquera incerteza que poida derivarse da guerra de Ucraína.
O presidente desbotou a posibilidade de atrasar os comicios ata principios de 2024, unha hipótese que se manexou para evitar que as cortes estean disoltas durante a xura da Constitución da princesa Leonor, en outubro do ano vindeiro.