Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sanidade amplía ata o 26 de xaneiro a campaña de vacinación contra a gripe e a covid

Sanidade amplía ata o 26 de xaneiro a campaña de vacinación contra a gripe e a covid

Ata o momento, vacináronse fronte á gripe máis de 800.000 persoas en Galicia

G24.gal 09/01/2024 16:15

A Consellería de Sanidade acordou unha nova ampliación da campaña de vacinación fronte á gripe e a covid-19, que se estenderá ata o 26 de xaneiro.

Trátase do segundo período co que a Xunta amplía as datas para poder vacinarse de ambas as infeccións respiratorias, xa que ata o de agora estaba previsto que a campaña finalizase este próximo venres 12 de xaneiro.

Ata o momento, vacináronse fronte á gripe máis de 800.000 persoas en Galicia, das que máis de 36.000 son menores de 5 anos.

Na actualidade, hai 844 persoas ingresadas por gripe nos hospitais do Sergas, dos que se atopan na UCI 37, segundo datos facilitados pola Xunta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade