Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sanidade apela á colaboración en doazóns para aumentar reservas sangue dos grupos A- e 0+

Sanidade apela á colaboración en doazóns para aumentar reservas sangue dos grupos A- e 0+

En xuño licitarase unha nova unidade de doazóns con destino á área sanitaria de Lugo

G24.gal 28/05/2024 18:31

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño apelou á solidariedade dos galegos para cubrir as case 500 achegas de sangue diarias do Servizo Galego de Saúde. 

Nestes momentos fan falta especialmente doadores dos grupos sanguíneo A- e 0+, que están en niveis baixos.

Galicia situouse no ano 2022 como a terceira comunidade con máis doazóns, catro puntos por encima da media nacional.

Segundo ratificou o conselleiro, no ano 2023 rexistráronse en Galicia máis de 100.000 doazóns e, delas, máis de 9.500 eran de persoas que daban o paso por primeira vez.

"Estamos moi orgullosos dos datos do ano 2023 e animamos os galegos e galegas a seguir contribuíndo a salvar vidas con este pequeno pero valioso xesto que representa a doazón", apelou.

Desde o ano 2018, o Executivo galego adquiriu cinco novas unidades móbiles para as áreas sanitarias de Santiago, Pontevedra, Vigo, A Coruña e Ourense. Ademais, e segundo explicou o titular de Sanidade, está previsto licitar unha sexta unidade, con destino a área sanitaria de Lugo en xuño.

Con esta nova adquisición, o Goberno galego superará os dous millóns de euros de investimento no que respecta á renovación das unidades de doazón de sangue.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade