Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sanidade reforza a vacinación de 15.000 nenos e nenas galegos fronte ao pneumococo

Sanidade reforza a vacinación de 15.000 nenos e nenas galegos fronte ao pneumococo

As familias dos 14.580 nenos e nenas galegos que naceron en 2022 e xa fixeron os dous anos de idade poden xa pedir cita no centro de Saúde ou a través de Sergas Móbil

G24.gal 27/05/2024 11:38 Última actualización 27/05/2024 11:52

A Consellería de Sanidade empezou este luns o envío de SMS informativos ás familias para reforzar a vacinación fronte ao pneumococo dos nenos e nenas nacidos en 2022 que xa cumpriron os dous anos de idade, un total de 14.580.

Desta maneira, iníciase a campaña de captación para reforzar a inmunización destes menores, que xa foron vacinados coa 13-valente, pero agora recibirán unha máis amplía que inclúe 20 serotipos e supón unha protección catro veces maior.

A partir de hoxe, os proxenitores destes nenos nados en 2022 e cos dous anos cumpridos poderán pedir cita a través do seu centro de saúde ou na aplicación Sergas Móbil.

Os nenos que aínda non ten esta idade xa recibirán a vacina ampliada na revisión pediátrica dos dous anos, dentro do programa "Neno san" do seu centro de saúde.

Segundo explica a Dirección Xeral de Saúde Pública nunha nota de prensa, con esta campaña búscase incrementar a protección dos nenos e nenas fronte á enfermidade pneumocócica, como a meninxite, pero tamén protexer á poboación non vacinada, xa que os bebés son altos transmisores.

Entre 2019 e 2023 o maior número de casos de enfermidade pneumocócica invasora na poboación pediátrica rexistrouse en menores dun ano e, a continuación, no seguinte tramo de idade ata os dous anos. A incidencia o ano pasado no grupo de menores de dous anos foi de 3,4 casos por 100.000 habitantes. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade