Sanidade retomará o plan que prohibe fumar nas terrazas da hostalería
Sanidade retomará o plan que prohibe fumar nas terrazas da hostalería
Tamén contemplan o veto en praias e coches con nenos e embarazadas
A prohibición incluirá cigarros electrónicos e vapers
Esta imaxe podería pasar á historia en pouco tempo.
"Pois haberá que levantarse para fumar ao lado da terraza, basicamente vén sendo o mesmo".
"Para min que te boten o fume na cara na terraza é igual que cho boten no interior do local".
"É moi molesto tomar o café co fume da mesa do lado", din algúns clientes nas terrazas.
Sanidade estuda retomar a Plan Integral antitabaco de 2021, convertendo as terrazas da hostalería en espazos libres de fume.
"Son boas noticias, agardamos que non quede nunha declaración de intencións. Son moi importantes os espazos sen fume para desnormalizar o tabaco", di Raquel Fernández Megina, presidenta de nofumadores.org
Non se saben os detalles porque o plan vaise revisar, pero está sobre a mesa que a prohibición de fumar se estenda ás praias e aos coches con presenza de nenos ou embarazadas.
En calquera caso, o veto afectará tamén a cigarros electrónicos e vapers, que terán unha "regulación precisa".
"É fundamental porque hai lagoas legais con eses produtos que fan que os máis novos se enganchen desde idades moi temperás", comenta Raquel Fernández Megina.
"A mocidade consómeos moito, teñen sabores ricos como o amorodo, parece que non son malos, pero si o son", engade un mozo.
Desde as asociacións antifume piden tamén reforzar a prevención, regulando a presenza do tabaco nas redes dos influencers e equiparando os prezos con Francia.