Publicador de contidos
Publicador de contidos

Santiago acolle o primeiro encontro de persoas acollidas, adoptadas e extuteladas

Santiago acolle o primeiro encontro de persoas acollidas, adoptadas e extuteladas

É o primeiro evento destas características que se celebra en España

O obxectivo é tecer redes de axuda, intercambiar vivencias e traballar por obteren máis visibilidade

G24.gal 15/11/2024 21:21

A Cidade da Cultura acolle un encontro de persoas acollidas, adoptadas e extuteladas. É a primeira que vez que se reúnen estes tres colectivos nun evento destas características en España. 

Na primeira xornada compartiron as súas visións da maternidade e a paternidade. Comezaron a compartir medos e alegrías, historias pouco faladas aínda. No encontro intercambian experiencias e aprenden os uns dos outros, pero reclaman máis visibilidade no cine, nos medios. 

Organizado por Manaia e pola Coordinadora de Asociacións de Adopción e Acollemento (CORA), o evento serve para que se poidan reunir sen xuízos, sen familiares nin técnicos, e sentir que unicamente elas e eles son os protagonistas.

Cóntannos a súa historia tres dos participantes. Son Kai, que vén de Valladolid e viviu de acollida; Leyao, nada na China e adoptada por unha familia de Tarragona; e Jason, outro exemplo de adopción internacional que provén de Colombia e creceu en Valencia.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade