Buscan familias para acoller nenos saharauís durante o verán
Buscan familias para acoller nenos saharauís durante o verán
O programa Vacacións en Paz naceu hai máis de 30 anos da man da ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharauí para mellorar a calidade de vida dos cativos que viven en campamentos de refuxiados
Melloran a súa alimentación, reciben atención sanitaria, aprenden o noso idioma e descobren un mundo que nada ten que ver co dos campamentos de refuxiados onde naceron.
Son algúns dos beneficios que reciben os nenos saharauís, de 8 a 12 anos, que participan no programa de acollemento solidario Vacacións en paz.
O enriquecemento, din as familias que participan, é mutuo. Os cativos están en Galicia durante dous meses, no verán, cando as temperaturas no Sáhara chegan a superar os 50 graos.
As familias interesadas poden inscribirse ata finais deste mes. O ano pasado foron preto de 200.