O Concello de Santiago pecha a porta a regularizar os pisos turísticos sen licenza municipal anterior ao actual PXOM
O Concello de Santiago pecha a porta a regularizar os pisos turísticos sen licenza municipal anterior ao actual PXOM
O Concello de Santiago pecha a porta a regularizar os pisos turísticos sen licenza municipal anterior ao actual PXOM
O Goberno compostelán permitirá que as vivendas de fóra da zona históricas poidan destinarse a uso turístico ata un máximo 60 días ao ano
A ordenanza saiu adiante grazas ao apoio dos concelleiros socialistas que romperon a disciplina de voto da executiva local
O concello de Santiago permitirá que as vivendas de fóra do casco histórico poidan ser de uso turístico 60 días ao ano. Coa aprobación desta ordenanza, o concello compostelán pecha a porta á regularización duns 600 pisos turísticos que non teñen a licenza municipal.
A ordenanza aprobouse grazas ao voto a favor do grupo socialista que, con este apoio, rompía a disciplina de voto marcada pola executiva local. Os edís do PSdeG explicaron que o facían por "lealdade" e porque era, dixeron, o desenvolvemento dunha norma aprobada no anterior goberno socialista.
"Sendo plenamente conscientes das consecuencias, decidimos ser leais e consecuentes. Leais coa cidade, cos veciños e co defende o Partido Socialistas en España e en Galicia", afirmou, coa voz quebrada, a concelleira socialista Mercedes Rosón.
"Quero agradecer ao PSdeG-PSOE o apoio a estar ordenanza. Co actual PXOM en vigor non é posible a regularización de usos preexistentes. Unha análise rigorosa é sólida realizada polos servizos municipais así o corroborou", asegurou Goretti Sanmartín, alcaldesa de Santiago.
Protestas no exterior de Raxoi
Durante boa parte do pleno extraordinario escoitáronse asubíos e berros que viñan do exterior de Raxoi. Eran os da concentración de propietarios de vivendas de uso turístico. Piden poder seguir traballando aínda que os pisos non tiveran a licenza municipal previa á entrada en vigor do actual Plan Xeral de Ordenación Municipal.