Publicador de contidos
Publicador de contidos

Santiago busca limitar a concentración de turistas nalgúns puntos da cidade

Santiago busca limitar a concentración de turistas nalgúns puntos da cidade

Medidas que permitan "cambiar os fluxos de circulación" dos turistas ou reducir o número máximo de persoas por grupo en determinados lugares 

Non se trata de pechar nin restrinxir o acceso aos principais puntos da cidade se non blindar a “convivencia” entre os turistas e os veciños 

G24.gal 01/04/2024 18:08 Última actualización 01/04/2024 18:17

O Concello de Santiago está a traballar nun plan de turismo sostible con medidas que contemplan limitacións para evitar a concentración de turistas en puntos concretos da cidade.

Así o avanzou este luns a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, quen sinalou que se está estudando a fórmula para implantar medidas que permitan "cambiar os fluxos de circulación" dos turistas ou reducir o número máximo de persoas por grupo en determinados lugares.

O obxectivo é evitar "que haxa unha cantidade de xente moi grande só ao redor de determinados lugares" e “determinadas prazas”. O Concello busca medidas que non supoñan “en ningún caso” pechar nin restrinxir o acceso aos principais puntos de interese na cidade.

Deste xeito, o Goberno local da capital galega busca blindar a “convivencia” entre os turistas e os veciños de Santiago para que a relación entre ambos colectivos se leve a cabo “de maneira pacífica”.

Sanmartín cre que esta proposta camiña cara á mellora da oferta turística da cidade, ao entender que se debe traballar polo respecto e coidado do patrimonio, de igual forma que se traballa en favor da desestacionalización.

Finalmente, a alcaldesa sostivo que este é un traballo que se está levando a cabo de maneira coordinada entre varios departamentos e que aínda non hai data para a implantación das medidas que se acorden. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade