Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Oficina do Peregrino de Santiago entrega cada día 2.000 credenciais

A Oficina do Peregrino de Santiago entrega cada día 2.000 credenciais

O número de camiñantes que chegou a Compostela aumentou un 15 % este ano

A presenza de visitantes estranxeiros que fan as distintas rutas é maior que no 2023

G24.gal 27/07/2024 16:19 Última actualización 27/07/2024 18:22

O Camiño de Santiago non deixa de bater marcas. No que vai de ano máis de 260.000 camiñantes chegaron a Santiago. Son un 15 % máis ca no 2023. 

Por primeira vez, o número de peregrinos estranxeiros aumentou, o que fai da ruta peregrina un reclamo turístico internacional. 

 "Normalmente nestas épocas o 70 % dos peregrinos son españois pero este ano baixou a porcentaxe ao 60 % e é bastante cambio. Nótase moito a presenza de americanos, asiáticos e moito suramericano", di César Rúa da Oficina do Peregrino.

Na oficina do Peregrino entregan máis de 2000 Compostelas a diaro e iso que xullo non adoita ser o mellor mes.

"Os anos posteriores ao Ano Santo, adoitan ser máis tranquiliños e incluso hai algo de baixada, pero este ano, non", afirma Rúa.

Nos sete meses que van de ano, percorreron as distintas rutas algo máis de 263.000 peregrinos. Con esta tendencia será doado superar os 446.000 camiñantes do pasado ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade