Publicador de contidos
Publicador de contidos

O aeroporto Rosalía de Castro recupera destinos europeos que perdera no inverno

O aeroporto Rosalía de Castro recupera destinos europeos que perdera no inverno

O aeródromo compostelán recupera durante a tempada estival 6 rutas internacionais

En total haberá conexión directa con 13 cidades europeas

O aeroporto de Santiago recupera 6 voos internacionais
G24.gal 18/03/2024 14:35

No panel de hoxe pódese comprobar que os voos internacionais brillan pola súa ausencia. Durante o inverno as compañías aéreas cancelaron moitas destas rutas. Pero agora que comeza para eles a temporada estival poderemos velas de novo aterrando en Galicia. Este mesmo sábado Santiago volver tender pontes con Frankfurt e Zürich.

"Debería haber máis, penso eu, vaia, para non perder esa conexión co resto do mundo"; "É un servizo interesante para todos en todas as épocas do ano non só nas épocas de vacacións", comentan varios pasaxeiros.

O que máis celebran os viaxeiros son os voos directos.

Con vistas ao verán Santiago vai ir recuperando 6 rutas perdidas e haberá algunha nova coma a conexión con Colonia-Bonn. En total estará conectada ata outubro con 13 cidades europeas. 

"E bo tanto para ida como para a volta, é dicir, beneficia as cidades ás que viaxas, pero tamén beneficia a Santiago pola xente que chega", comenta un viaxeiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar