Publicador de contidos
Publicador de contidos

Santiago vai acoller en 2024 o maior congreso europeo sobre intelixencia artificial

Santiago vai acoller en 2024 o maior congreso europeo sobre intelixencia artificial

A regulación da IA está a piques de dar os seus primeiros pasos en firme, coa próxima aprobación da primeira normativa da UE

Antes de finais de ano comezará a funcionar na Coruña a Axencia Española de Intelixencia Artificial

G24.gal 09/09/2023 13:56

Especialistas en intelixencia artificial de todo o mundo van presentar dentro dun ano en Santiago os últimos avances neste ámbito. Debaterán tamén sobre o seu futuro e sobre cales deben ser os seus límites. A conferencia vai coincidir coa aprobación do primeiro regulamento da UE sobre intelixencia artificial, unha lei pioneira a nivel mundial.

“Non busca regular a tecnoloxía nin limitala, senón regular os usos, que ao final é o que nos importa. A inmensa maioría dos usos da intelixencia artificial vanse situar no que poderíamos considerar baixo risco", explica Senén Barro, director do CITIUS, Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes.

Pero os riscos existen e o regulamento establecerá catro niveis de control. O máis alto é o risco inaceptable, que suporá a prohibición dos sistemas de intelixencia artificial que manipulen ou clasifiquen o comportamento das persoas.

“Hai usos que deben estar prohibidos, e así o van estar, como os sistemas de puntuación social ou un uso indiscriminado do recoñecemento facial”, explica Senén Barro, director do CITIUS.

O regulamento obrigará os estados a crearen un organismo estatal de supervisión. A Axencia Española da Intelixencia Artificial, con sede na Coruña, vai ser o primeiro en poñerse en marcha. Comezará a funcionar a finais de 2023.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade