Cargando resultados...
Sara Vila, escritora: "A vida dunha muller é unha carreira de obstáculos contra o medo"
Sara Vila, escritora: "A vida dunha muller é unha carreira de obstáculos contra o medo"
Sara Vila gañou o Premio Illa Nova de Narrativa coa súa primeira novela
'Oito días sen Eva Cortes' é un thiller xornalístico arredor dunha desaparición
G24.gal
04/02/2022 17:08
"Os segredos teñen caducidade. Antes ou despois desvélanse e deixan á vista todo que quixemos agochar… as cousas que mantemos ocultas falan de nós. Dos nosos medos, inseguridades e vergoñas".
Estes segredos son os que se contan en '8 días sen Eva Cortes', a crónica da desaparición dunha muller en Pontevella na pel dunha xornalista moi noviña, no que será sen dúbida o caso da súa vida, ou o caso que lle cambiou a vida.