Publicador de contidos
Publicador de contidos

SAVES, o asistente virtual das cooperativas galegas

SAVES, o asistente virtual das cooperativas galegas

A nova ferramenta concentra toda a información económica e financeira do sector 

Tamén será de utilidade para as propostas económicas da nova lei de cooperativas 

G24.gal 24/10/2023 14:42

As máis de mil cooperativas que hai en Galicia están convidadas a coñecer SAVES. Unha ferramenta dixital en que atoparán concentrada toda a información económica e financeira do sector. 

"Non é unha base de datos, é un asistente virtual e os usuarios poden extraer información a medida das súas necesidades", explica María José Cabaleiro, coordinadora do proxecto SAVES, da Universidade de Vigo.

Deste xeito poden detectar as fortalezas e debilidades da súa cooperativa e comparala coas do resto do sector para tomar decisións.

"É de acceso libre e público, todo o mundo pode entrar nos datos básicos. É moi innovador e posibilita facer análises serios e rigorosos do sector cooperativo en Galicia", engade Hixinio Mougán, xerente de AGACA.

Os datos serán de utilidade tamén para a nova lei de cooperativas. Un texto en que traballa a Xunta para adaptar aos novos tempos este modelo empresarial, rexido por unha lei do ano 98.

"Foi unha demanda do sector, estamos traballando en actualizar o marco normativo e axilizar o proceso de creación de cooperativas", di Elena Rivo, conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade.

A idea é seguir avanzando na economía social, que supón un 7 % do PIB galego e demostra especial resistencia ás crises, priorizando as persoas fronte aos beneficios económicos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade