Publicador de contidos
Publicador de contidos

Seca a última lagoa permanente de Doñana

Seca a última lagoa permanente de Doñana

A falta de chuvia e a sobreexplotación dos acuíferos pon en perigo plantas e animais

G24.gal 04/09/2022 20:13 Última actualización 04/09/2022 20:17

A lagoa de Santa Olalla quedou sen auga. No CSIC subliñan que en Doñana chove menos do normal desde hai dez anos e que á seca actual súmase a sobreexplotación dos acuíferos.

"Os acuíferos dependen da auga de chuvia e cun exceso de extracción, cando sacamos máis da que entra, baixa a nivel freático e a lagoas permanentes de Doñana, como a de Santa Olalla, acaban secando e deixan de ser lagoas permanentes, loxicamente"

A falta de agua, neste espazo patrimonio da humanidade, deixa sen hábitat ou refuxio plantas e animais.

"Falamos de moitos insectos, de plantas acuáticas, pero sobre todo de aves migratorias que están pasando xa de volta do norte de Europa cara a África e non teñen lugares onde parar e alimentarse"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade