Segue a busca do veciño de Mazaricos de 72 anos desaparecido hai tres días
Segue a busca do veciño de Mazaricos de 72 anos desaparecido hai tres días
Localizaron o seu coche nas proximidades do tanatorio de Carballo
Unha trintena de persoas buscan a Antonio Tiuñas Vieites, veciño do lugar de Alborés en Mazaricos de 72 anos que marchou da casa en coche o xoves ao mediodía.
Vírono por última vez na zona de Padreiro en Brandomil hai tres días e non se volveu saber máis del. O sábado pola tarde a familia localizou o coche nas proximidades do tanatorio de Carballo.
Ao parecer, tampouco era a primeira vez que o home marchaba da casa durante algunhas horas, polo que nun primeiro momento non houbo preocupación. Pero agora xa o busca un dispositivo integrado por familiares, veciños seus, Protección Civil de Mazaricos e a Garda Civil de Outes.
Piden axuda para dar con el. O seu móbil dá apagado ou fóra de cobertura e un colar de asistencia que leva dá a última localización nas proximidades do encoro da Fervenza.
Despois de recibir distintos avisos sobre a súa posible presenza na comarca, ampliouse o perímetro de busca ás zonas de Carballo e Santiago de Compostela.