Cargando resultados...
Segue a folga do metal en Lugo
Segue a folga do metal en Lugo
Os sindicatos cren insuficiente a nova oferta da patronal
Piden que o novo convenio reflicta a suba do IPC
Antón Montero
24/05/2023 20:47
Última actualización 24/05/2023 20:56
O sector do metal de Lugo mantén a convocatoria de folga en demanda dun novo convenio colectivo.
Os sindicatos reuníronse hoxe coa patronal. Constataron avances na oferta dos empresarios, pero cren que aínda son insuficientes. Reclaman unhas melloras salariais que reflictan o impacto do IPC e o pagamento dos atrasos pactados e non aboados en 2022.
Van parar este xoves e teñen outras catro xornadas de folga previstas para as vindeiras semanas.