Publicador de contidos
Publicador de contidos

Segue sen control o incendio de Castelló

Segue sen control o incendio de Castelló

Arderon 4.300 hectáreas

As lapas chegaron a máis municipios

G24.gal 28/03/2023 14:52 Última actualización 28/03/2023 15:53

Segue activo e sen control o incendio de Castelló que leva queimadas 4.300 hectáreas e que nas últimas horas chegou a máis municipios.

A noite favorable, en termos meteorolóxicos, deu un respiro. E a mañá do martes, con menos vento centrou os labores en fixar o perímetro do incendio, que chega aos 50 quilómetros.

"O que controlaron foron puntos quentes para evitar que se reactive o incendio, para evitar que avance. Para nós iso xa é moi importante", explica Gabriela Bravo, conselleira de Xustiza da Generalitat valenciana.

Para detectar eses puntos quentes sumáronse drons da Ume ao operativo, en que seguen traballando 23 medios aéreos e setecentos efectivo. Os flancos máis críticos, entre Montán e Montanejos e o municipio de Fuente la Reina

 "A previsión do tempo hoxe e mañá é favorable. Que o xoves volverá o poñente. E aí estamos. A preocupación é que entre hoxe e mañá atallen todo o que poidan e atallar para que non entre no pobo", di Sergio Fornas, alcalde de Montán.

Hai 1.600 veciños fóra das súas casas. Algúns puideron volver nun convoi da Garda Civil ás súas casas nesas zonas de menos risco, para darlles de comer aos animais e recoller algunhas pertenzas E algúns puideron facelo e recoller pertenzas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade