Publicador de contidos
Publicador de contidos

Avanza a bo ritmo a doazón de sangue, tras a alerta das autoridades sanitarias

Avanza a bo ritmo a doazón de sangue, tras a alerta das autoridades sanitarias

Os grupos sanguíneos onde hai máis escaseza son os A+, o 0+ e o 0-

G24.gal 15/12/2022 13:55

O persoal do Álvaro Cunqueiro de Vigo acudiu en masa aproveitando a súa media hora de descanso. Os tempos de espera disuadiron a algún deles. Son os máis conscientes de que falta sangue e o día menos pensado calquera de nós o pode necesitar. Na área de Vigo reprogramáronse 16 intervencións e en toda Galicia 30. 

En toda Galicia foron trinta as intervencións aprazadas ningunha delas grave. Precísase todo tipo de sangue pero o máis escaso é o A+, o Cero+ e o Cero-.

Para doar hai que pesar máis de 50 quilos, non ter ido recentemente a un país exótico ou ter gripe ou estar tomando algunha medicación.

Nos sete grandes hospitais  de Galicia pódese doar todos os días de 8 a 22 horas agás as fins de semana, que só se pode doar ata os sábados ás 15 horas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade