Un home que estaba atendendo o parto dunha vaca sofre unha cornada
Un home que estaba atendendo o parto dunha vaca sofre unha cornada
Ao parecer estaba a asistir o animal no parto cando o lanzou contra a parede
Afortunadamente as feridas que sufriu non foron graves, aínda que si ten unha forte contusión muscular
Un veciño do Incio segue ingresado no hospital de Lugo despois de sufrir unha cornada dunha vaca. O home estaba atendendo o animal no parto cando de repente o lanzou contra a parede.
Ata o lugar trasladouse un helicóptero do 112 pero finalmente levárono en ambulancia ao hospital. Afortunadamente as feridas que sufriu non foron graves, aínda que si ten unha forte contusión muscular.
"Estabamos descansando e vin o helicóptero sobre a casa e pousouse aí na leira, e despois foi un veciño quen nos contou e dixo que lle topara unha vaca que lle apertara o corazón e lle fixera unha ferida. Empurrouno contra a parede, foi contra el", contou unha veciña.