Seguen a busca contra o reloxo do somerxible que exploraba os restos do Titanic
Seguen a busca contra o reloxo do somerxible que exploraba os restos do Titanic
As gardas costeiras dos Estados Unidos e O Canadá continúan a procura contra o reloxo para localizar un submarino turístico con cinco persoas a bordo que desapareceu o domingo no Océano Atlántico cando se mergullaba para ver os restos do Titanic.
Os expertos aseguran que o desafío para as persoas a bordo do submarino será manter a calma e non consumir demasiado osíxeno.
Hai suficiente osíxeno para 96 horas, pero se empezan a entrar en pánico ou a moverse demasiado, poderían rebaixar substancialmete a autonomía indicada.
Quen se cre que está a bordo do submarino?
Hamish Harding, un explorador e empresario británico de 58 anos, é presidente da empresa de avións Action Aviation.
O empresario paquistaní Shahzada Dawood, fideicomisario do Instituto SETI, e o seu fillo Suleman.
Stockton Rush, o CEO de OceanGate, a compañía que organizou a misión, está na nave.
Tamén se cre que o explorador francés Paul-Henry Nargeolet, de 73 anos, está a bordo, segundo unha publicación de Facebook do Sr. Harding antes de que comezase a inmersión.