Cargando resultados...
Segundo día de manobras do exército chinés ao redor de Taiwán
Segundo día de manobras do exército chinés ao redor de Taiwán
O Exército da illa desprega os seus sistemas de defensa antiaérea
A forzas chinesas simulan ataques a obxectivos esenciais
G24.gal
09/04/2023 14:25
Última actualización 09/04/2023 15:06
A China continúa por segundo día coas manobras militares ao redor de Taiwán mentres o Exército da illa mobiliza plataformas móbiles de defensa antiaérea. As imaxes do exército taiwanés gravadas este domingo mostran o movemento das tropas nun lugar que non especifica.
O ministerio de Defensa segue monitoreando de preto todos os movementos das forzas chinesas, que este domingo simulou ataques a obxectivos esenciais na illa e nas augas próximas, como instalacións militares ou aeródromos.
Segundo os expertos militares, o ataque a este tipo de obxectivos sería o segundo paso en caso de conflito real.