Publicador de contidos
Publicador de contidos

As testemuñas certifican o 'modus operandi' do acusado do asasinato de Marta Calvo

As testemuñas certifican o 'modus operandi' do acusado do asasinato de Marta Calvo

Declaran oito mulleres que sobreviviron ás doses letais de cocaína que lles introducía na vaxina

G24.gal 14/06/2022 13:58

A primeira testemuña en intervir no xuízo por Marta Calvo está considerada como a primeira vítima do acusado.

Con ela a defensa pretende mostrar a forma de actuar do presunto asasino, que é coincidente co resto das vítimas que se coñecen: 8 mulleres que sobreviviron ás doses letais de cocaína que lles introducía na vaxina sen o seu consentimento.

Así se cre que morreu tamén Marta Calvo, da que aínda non se localizou o cadáver. Marta foi cronoloxicamente a última vítima, pero foi a súa morte a que destapou os outros dous asasinatos. Que conseguira mandarlle á nai a súa localización permitiu dar co asasino.

De non ser por esa localización, o máis probable é que Marta non fose a última vítima. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade