Seis anos do asasinato de Diana Quer: "Bicos e rosas ao ceo"
Seis anos do asasinato de Diana Quer: "Bicos e rosas ao ceo"
Desapareceu en Boiro o 22 de agosto de 2016 tras pasar a noite nas festas da vila con amigos
A confesión do autor do crime, o Chicle, permitiu atopar o corpo da moza, o 17 de decembro de 2019, 500 días despois da desaparición nunha nave abandonada
Juan Carlos Quer, o pai da moza Diana Quer, agredida sexualmente e asasinada en agosto de 2016 tras pasar a noite de festa na Pobra do Caramiñal, lembrou a súa filla cando se cumpre o sexto aniversario da súa morte cunha mensaxe nas redes sociais que comeza coa frase: "Bicos e rosas ao ceo, Diana".
A moza madrileña Diana Quer, de 18 anos, desapareceu en Boiro o 22 de agosto de 2016 cando regresaba á súa casa de verán na localidade despois dunha noite de festa con amigos nas festas.
A denuncia da desaparición levou a unha intensa busca por parte das forzas de seguridade e de veciños e voluntarios sen éxito. Ata que a Garda Civil atopou o seu cadáver nun pozo dunha nave industrial abandonada no lugar de Asados, en Rianxo, 500 días despois, en decembro de 2007.
"Bicos e rosas ao ceo, Diana, no sexto aniversario do teu tráxico falecemento", publicou Juan Carlos Quer esta noite nunha mensaxe na súa conta de Twitter en vésperas de que se cumpran seis anos da desaparición.
"Filla, o teu exemplo de loita contra o mal e a túa lembranza permanecerán sempre vivos nos nosos corazóns, tamén no de milleiros de españois que choraron a túa inxusta morte", engade o pai da moza asasinada.
A confesión do autor do crime, o Chicle, permitiu atopar o corpo da moza, e levouno a un xuízo que remataba o 17 de decembro de 2019 cando a sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña ditaba sentenza contra José Enrique Abuín Gey, o Chicle, o único acusado polo asasinato de Diana, un dos sucesos que acaparou máis atención dos medios na crónica negra en España.
O tribunal condenouno a pena de prisión permanente revisable tras apreciar un delito de asasinato con aleivosía, cometido para agochar outro delito contra a liberdade sexual da vítima, e tivo en conta a atenuante de confesión.
A Audiencia tamén lle impuxo unha indemnización de 130.000 euros a cada un dos proxenitores de Diana Quer e de 40.000 á irmá da vítima, ademais das custas do proceso xudicial.
Abuín Gey fora xulgado polos feitos o mes de novembro anterior por un xurado popular, que o considerou culpable.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ratificou en xuño de 2020 a condena "ao non existir dúbida ningunha" de que os feitos foron "debidamente acreditados"; un asasinato con aleivosía para agochar outro delito previo contra a liberdade sexual da vítima.
Besos y rosas al cielo Diana, en el sexto aniversario de tu trágico fallecimiento. Hija, tu ejemplo de lucha contra el mal y tu recuerdo permanecerá siempre vivo en nuestros corazones, también en el de miles de ciudadanos españoles que lloraron tu injusta muerte. pic.twitter.com/8mlECwGZCH
— Juan Carlos Quer - Oficial (@JcQuer) August 20, 2022