Un poste caído hai seis días ao carón dun colexio de Chapela aínda non se retirou

O paso da circulación e dos peóns quedou prohibido desde que o temporal provocou a caída

G24.gal 07/11/2023 13:37

Para evitar riscos polo mal estado dun poste telefónico, o pasado xoves a rúa Laredo en Chapela tivo que ser cortada á circulación e ao paso de peóns. O sábado o poste caeu por mor do temporal e dende entón nada mudou.

A situación dificulta moito o acceso das familias ao colexio CEIP Laredo, pero é a inseguridade o que máis lle preocupa á comunidade educativa. Denuncian a pasividade das institucións para arranxar unha situación onde ninguén parece asumir responsabilidades nin competencias.

Non é o único problema que denuncian no centro, onde están moi preocupados polo mal estado deste poste eléctrico na entrada do colexio. No CEIP Laredo agardan que as solucións cheguen antes de que se produzan incidentes máis graves.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade