Publicador de contidos
Publicador de contidos

Seis falecidos este domingo en varios accidentes nas estradas españolas

Seis falecidos este domingo en varios accidentes nas estradas españolas

Un accidente de tráfico en Benasque, en Huesca, deixa tres mortos

En Castellfollit del Boix, en Barcelona, dúas persoas faleceron e outras dúas quedaron en estado crítico noutro sinistro con tres vehículos implicados

En Madrid, un home de 41 anos faleceu nun accidente de moto na A-6

G24.gal 30/06/2024 21:08

Xornada complicada nas estradas españolas nesta primeira fase da operación saída de verán. Tres persoas, dous homes de 33 e 48 anos e unha muller de 23, faleceron este domingo nun accidente de tráfico no municipio de Benasque, en Huesca. O turismo en que viaxaban saíu da estrada, por causas que aínda se están a investigar. O vehículo caeu desde unha ponte uns vinte metros ata o río Ésera. 

As vítimas, traballadoras dun restaurante da zona, regresaban das festas patronais. A complicada orografía do lugar obrigou a intervir ao Grupo de Rescate de intervención de Montaña da Garda Civil e aos bombeiros para rescatar os corpos dos falecidos. O concello de Benasque decretou un minuto de silencio en memoria das vítimas.

E en Castellfollit del Boix, en Barcelona, dúas persoas faleceron e outras dúas quedaron en estado crítico noutro accidente con tres vehículos implicados. Por causas que se están a investigar produciuse unha colisión frontal entre un turismo e unha furgoneta, na que tamén se viu afectado un terceiro vehículo. Ademais dos dous falecidos e dos feridos críticos, os servizos de emerxencia atenderon catro persoas máis. Ao lugar do accidente desprazáronse 8 ambulancias e 2 helicópteros.

E en Madrid, un home de 41 anos faleceu nun accidente de moto na A-6 en sentido de entrada a Madrid. Impactou contra unha barreira de seguridade. Caeu uns cinco metros de altura. Sufría varios traumatismos, entre outros torácico e cranioencefálico. Os servizos de emerxencia non puideron reanimalo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade