Un motorista, ferido nun accidente en Marín
Un motorista, ferido nun accidente en Marín
No accidente víronse implicados unha motocicleta e un turismo que se incorporaba á avenida
O condutor do vehículo de dúas rodas sufriu varios traumatismos e foi trasladado a un centro hospitalario
Esta madrugada, un motorista quedaba ferido grave nunha colisión cun turismo, na avenida de acceso á vila pontevedresa de Marín.
Foi un particular o que daba a alarma aos servizos de emerxencias preto das seis desta mañá, advertindo que o condutor dunha motocicleta permanecía tombado no chan. Supostamente sufrira unha colisión cun coche que se estaba a incorporar á vía principal nunha zona regulamentada por marcas viarias.
A vítima, un varón de 48 anos, foi trasladado en ambulancia ao Hospital Domínguez de Pontevedra. Fontes do concello, aseguran que o motorista presentaba diversos traumatismos. A Policía Local de Marín está a investigar os feitos. Pouco despois, retiráronse os vehículos implicados no sinistro e procedeuse á limpeza da calzada.