Publicador de contidos
Publicador de contidos

Plan de choque da DXT para frear o aumento dos accidentes graves de tráfico

Plan de choque da DXT para frear o aumento dos accidentes graves de tráfico

42 persoas faleceron nas estradas galegas este ano, 10 máis que no mesmo período de 2023

Tráfico leva a cabo un plan de acción con máis controis de alcol e drogas para frear este incremento

G24.gal 25/05/2024 13:04

O aumento dos sinistros graves preocupa na DXT. Ata o xoves, contabilizábanse 38 accidentes mortais nas estradas galegas este ano, con 42 falecidos, dez máis que o ano pasado. Para reducir estas cifras, Tráfico desenvolve un plan con medidas de choque. 
 

"Aumento dos controis, facelos máis dinámicos, vixilancia dos grupos vulnerables, da utilización dos elementos de seguridade e un factor determinante na seguridade viaria que é o consumo de alcol e drogas. Polo tanto, eses controis van ir dirixidos precisamente para sacar das vías a aqueles que vaian baixo os efectos do alcol ou outro tipo de substancias".

 

Desde Tráfico tamén advirten contra o uso das redes sociais para avisar dos controis. Unha falsa solidariedade que prexudica a seguridade viaria e pode ter consecuencias indesexables. 

 

"Poñen en xogo a vida dos demais e non só iso, están advertindo incluso a outro tipo de delincuentes que non só tratan de evitar controis policiais por cometer infraccións relacionadas coa seguridade viaria senón condutas moito máis graves como advertir a secuestradores, ladróns ou violadores".
 

A normativa de tráfico non o recolle como infracción, pero en Galicia xa houbo dúas sancións por este motivo porque a Lei de seguridade cidadá contempla este tipo de avisos como incumprimentos graves, sancionados con multas de 600 a 30.000 euros.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade