Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cortan o teito dun coche en Trabada para poder sacar unha muller ferida atrapada no interior

Cortan o teito dun coche en Trabada para poder sacar unha muller ferida atrapada no interior

A vítima presentaba varios traumatismos

O accidente sucedeu na estrada lucense LUP-6103 ,en Fórnea

Efectivos de emerxencias no lugar do accidente/Bombeiros de Barreiros Efectivos de emerxencias no lugar do accidente/Bombeiros de Barreiros
G24.gal 01/06/2024 16:16

Unha muller que sufriu un accidente este sábado na LUP-6103, ao seu paso polo concello lucense de Trabada, necesitou a axuda dos Bombeiros, que tiveron que cortar o teito do seu vehículo para sacala en padiola.

A vítima, condutora do turismo, presentaba varios traumatismos, segundo o 112. A muller perdeu o control do seu vehículo contra as nove da mañá deste sábado, á altura do punto quilométrico 5,500 da estrada LUP-6103 para saír pola marxe esquerda e envorcar na beiravía.

Ata a Fórnea desprazáronse os Bombeiros de Barreiros, ademais de membros do GES da Pontenova e axentes da Garda Civil de Tráfico.

O vehículo envorcado en Fórnea, Lugo/ Bombeiros de Barreiros O vehículo envorcado en Fórnea, Lugo/ Bombeiros de Barreiros
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade