Fai seis meses do grande incendio do edificio de Valencia, cos veciños agardando a reconstrución
Fai seis meses do grande incendio do edificio de Valencia, cos veciños agardando a reconstrución
A investigación xudicial deste suceso, no que moreron dez persoas, está aberta
En setembro comezan o desentullo do inmoble
As tarefas de desentullo do edificio de Campanar comezarán en setembro. Eses traballos prolongaranse catro meses, a un custo de millón e medio de euros que asumirán as compañías de seguros. En paralelo, un estudo de arquitectura comezou a redacción do proxecto de reconstrución do inmoble.
Segundo o informe da Policía Científica, unha fuga de refrixerante do condensador da neveira dun piso foi a orixe do incendio. O edificio ardeu en apenas unha hora. En xuño a Audiencia de Valencia ordenou reabrir a causa, que fora arquivada. A investigación xudicial suma tensión a uns veciños que perderon todo hai exactamente seis meses.
A maioría dos veciños foron realoxados e están vivindo de alugueiro coas axudas das administracións públicas e agora loitan para que as aseguradoras cubran o cen por cento do sinistro.