Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha fuga de gas iniciou o incendio de Campanar, en Valencia

Unha fuga de gas iniciou o incendio de Campanar, en Valencia

Técnicos da Policía Científica concluíron que o lume se orixinou na parte traseira dun frigorífico

Non se detectaron anomalías eléctricas, polo que sospeitan da falta de ventilación

Edificio incendiado o pasado febreiro en Valencia. EFE/Biel Aliño
G24.gal 03/05/2024 18:05 Última actualización 03/05/2024 19:47

Unha fuga do gas refrixerante da neveira do piso 86 do edificio do barrio valenciano de Campanar propiciou o inicio do incendio do pasado febreiro no que morreron dez persoas, segundo un estudo técnico de especialistas en incendios da Policía Científica.

Segundo o estudo, que avanzou o periódico Levante-EMV, trabállase coa hipótese de que "unha pequena fuga" nos condutos de canalización dese gas refrixerante, o isobutano, puido prender "ante calquera chispa" ou pola electricidade estática do aparello, xa que é moi inflamable.

Os técnicos da Policía Científica concluíron que o lume se orixinou na parte traseira do frigorífico, pero non detectaron ningunha anomalía eléctrica, polo que descartan o curtocircuíto e o mal funcionamento, e sospeitan da falta de ventilación, segundo indica o xornal.

Ata o de agora sabíase que o incendio que o pasado 22 de febreiro arrasou en minutos un edificio de 138 vivendas había empezando nun electrodoméstico da cociña dunha vivenda, segundo explicou en marzo a delegada do Goberno na Comunitat Valenciana, Pilar Bernabé.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade