Publicador de contidos
Publicador de contidos

Seis mortos polas inundacións en Eslovenia

Seis mortos polas inundacións en Eslovenia

Están afectdos dous terzos dos 20.273 quilómetros cadrados do territorio esloveno e causaron danos por máis de 500 millóns de euros

G24.gal 07/08/2023 12:11

O número de mortos causados polas peores inundacións que se lembran en Eslovenia desde a independencia do país en 1991 aumentou a seis, ao atopar os corpos sen vida de dous homes que aparentemente morreron afogados.

A quinta vítima mortal foi atopada nun pozo de recolección de augas residuais ao que caera o home mentres realizaba tarefas para limpar a zona das consecuencias da catástrofe. O cadáver doutro home, de 35 anos, foi rescatado polos bombeiros do río Temenica.

As inundacións provocadas por intensas e permanentes choivas desde a noite do pasado xoves afectan dous terzos dos 20.273 quilómetros cadrados do territorio esloveno e causaron danos por máis de 500 millóns de euros.

Aínda que a situación mellorou, a alerta mantense alta por numerosos riscos que ameazan con máis catástrofes debido a que a auga deixou inestables moitos terreos e infraestruturas.

Grandes esvaramentos, pontes destruídas e numerosas estradas e vías férreas pechadas e intransitables presentan os maiores desafíos que afrontan centos de bombeiros e voluntarios.

Miles de cidadáns foron evacuados ou quedaron sen electricidade, conexións telefónicas e auga potable, cando non perderon a súa vivenda e pertenzas.

A Axencia de Medio Ambiente prognostica para este luns melloran, aínda que coa posibilidade de breves tormentas eléctricas.

Ademais de pedir axuda aos países veciños, Eslovenia activou o domingo o mecanismo europeo de protección civil, a través do cal solicitou 40 escavadoras, 30 vehículos especializados para canalizar a auga aos seus leitos e 20 pontes prefabricadas.

Tamén pediu á OTAN outras 20 pontes prefabricados, cinco helicópteros militares e 200 efectivos para levar a cabo tarefas de protección, rescate e socorro.

Houbo preto de 300 persoas foron evacuadas por precaución.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade