Seis persoas continúan hospitalizadas, dúas delas en estado crítico
Seis persoas continúan hospitalizadas, dúas delas en estado crítico
O pai da familia e outro dos feridos son os que están en estado máis grave
Na UCI pediátrica do Hospital Materno Infantil da Coruña permanece ingresada a máis pequena da famila
Dos outros tres feridos, un saíu xa da Unidade de Coidados Intensivos e está en planta e os outros dous seguen na UCI
Son seis os feridos no incendio do edificio de Vigo que seguen ingresados, aínda que con prognósticos diferentes. Cinco están no hospital Povisa.
Segundo o último parte médico facilitado, o pai da familia e outro dos feridos, continúan na UCI e o seu estado é crítico.
Dos outros tres feridos, un saíu xa da Unidade de Coidados Intensivos e está en planta, os outros dous seguen na UCI, un cunha "evolución favorable" e o outro ten prognóstico reservado.
Na Coruña está ingresada a outra supervivente da familia, a filla máis nova. A nena de 8 anos continúa na UCI pediátrica do Hospital Materno Infantil. Ten queimaduras, pero está "estable dentro da gravidade".