Cargando resultados...
A compañía Señora Supina fala do turismo de masas no vodevil 'Hotel Europa'
A compañía Señora Supina fala do turismo de masas no vodevil 'Hotel Europa'
O Auditorio do Concello de Vigo acolleu a estrea e en marzo actúan na Sala Ártika
Tratan temas coma especulación urbanística, a globalización e o traballo das camareiras de piso
G24.gal
21/02/2022 12:02
'Hotel Europa' é a nova montaxe da compañía galega Señora Supina. Trátase dunha comedia que fala do turismo de masas e da xentrificación partindo da historia dun hotel decrépito situado na costa galega.
Está dirixida por Javier Lojo e conta coa dramaturxia de Ernesto Is. As intérpretes Nora Drake, Raquel Ferraz, Raquel Crespo e Alba Outeda dan vida a 15 excéntricas personaxes que actúan, cantan e bailan coma se dun vodevil se tratase.
As actrices Nora Drake, Raquel Ferraz, Raquel Crespo e Alba Outeda