Publicador de contidos
Publicador de contidos

Serafín Martínez: "O nivel de dureza na Cidade da Cultura será maior que en Pontevedra"

Serafín Martínez: "O nivel de dureza na Cidade da Cultura será maior que en Pontevedra"

A Gladiator Race recala en Santiago o 2 de setembro

G24.gal 24/06/2023 12:51

Tras o éxito acadado esta mesma temporada na proba desputada na cidade do Lérez, con inscricións pechadas e cheas moitos días antes da competición, esta modalidade segue dando pasos á fronte visitando novos espazos, escenarios e obstáculos. A Cidade da Cultura acollerá a comezos de setembro outra carreira que, segundo o seu organizador, Serafín Martínez, promete espectáculo.

"A de Compostela será a terceira e última proba que organicemos este ano, tras unha en Logroño e a de Pontevedra. Será na Cidade da Cultura e no entorno. Hai costas, o nivel de dureza será máis que Pontevedra. Só teremos unha distancia e con 32 ou 33 obstáculos. Temos ideas que perfilar, terreno dificultoso. No Gaiás hai túneles dentro que poderemos percorrer e serán sorpresas para os participantes". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade