Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alfonso Rueda anuncia 3.400 novas prazas para educación infantil

Alfonso Rueda anuncia 3.400 novas prazas para educación infantil

Tamén anunciou que o Consello da Xunta deste xoves aprobará outra edición dos bonos activa comercio, mobilizaranse 17 millóns de euros e beneficiaranse 160.00 persoas con 30 euros de desconto no pequeno comercio

Pontón pídelle a Rueda que convoque o debate do estado da nación galega

O voceiro socialista di que o sistema educativo galego ten dez debilidades, entre elas, que a taxa de abandono é das máis altas en Europa 

G24.gal 14/09/2022 08:20 Última actualización 14/09/2022 14:23

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou este mércores unha nova liña de investimento cos concellos que permitirá un incremento de 3.400 prazas novas para educación infantil.

Así o avanzou o mandatario autonómico na sesión de control no Parlamento galego, en que destacou a importancia desta iniciativa, que recibirá luz verde na reunión do Consello que terá lugar mañá e que, dixo, permite “conciliar as familias e fai progresar ao país”.

Galicia contará con 35.000 prazas neste ciclo educativo, resumiu. “Máis conciliación significa máis emprego”, sinalou respecto diso o xefe do Executivo, que comprometeu que o seu Goberno seguirá traballando nesta liña, como se reflectirá, anticipou, nos orzamentos que están a elaborar para 2023.

Rueda anunciou tamén na sesión de control á que se someteu no Parlamento de Galicia que o Consello da Xunta deste xoves aprobará outra edición dos bonos activa comercio, mobilizaranse 17 millóns de euros e beneficiaranse 160.00 persoas con 30 euros de desconto no pequeno comercio.

Plan estratéxico

O Parlamento aproba o plan estratéxico 2022-2030, a folla de ruta para as políticas que se desenvolverán na nosa comunidade nos próximos oito anos.

O plan saíu adiante co voto favorable do grupo popular e con poucos acordos; algo que criticaron dende todos os grupos. So se aprobaron as tres propostas dos populares e o 10 % das propostas presentadas polos socialistas, a maioría relacionadas coa investigación, coa saúde mental ou a mobilidade.

As propostas presentadas polo BNG foron rexeitadas.

Minuto a minuto

10:03

Comeza a sesión de control ao presidente da Xunta 

10:03

Luís Álvarez comeza a súa intervención

10:05

O voceiro socialista di que o sistema educativo galego ten dez debilidades, entre elas, que a taxa de abandono é das máis altas en Europa 

10:06

Álvarez pregúntalle a Rueda que que valoración fai do inicio do curso escolar, se foi ou non caótica

10:08

O presidente da Xunta respóndelle ao voceiro socialista e dille que quedou moi satisfeito coas explicacións que deu o conselleiro de Educación este martes no Parlamento de Galicia

10:08

Rueda di que Galicia inviste 6.000 euros ao ano por alumno 

10:10

Rueda dille a Álvarez que "vostedes pechaban 20 centros ao ano en plena bonanza económica e o abandono escolar estaba no 25 %".

10:11

O presidente da Xunta afirma que a semana pasada visitou un centro público no inicio do curso escolar e que a situación non era caótica

10:13

Remata a intervención do presidente da Xunta e Luís Álvarez respóndelle

10:13

Álvarez: "Venden vostedes como éxito algo que funciona en toda España e o índice de abandono escolar en 2009 era xa inferior que a media española".

10:14

O voceiro socialista dille a Rueda que se reúna cos representantes do profesores 

10:17

Remata a intervención de Luís Álvarez e intervén o presidente da Xunta

10:18

Rueda manifesta que os investimentos son importantes e que coa cultura do esforzo conséguense bos resultados

10:19

Rueda afirma que en Galicia se ampliarán os contidos en Filosofía e Historia 

10:21

Remata a intervención de Rueda e comeza a quenda de Ana Pontón

10:22

Pontón di que Rueda non é consciente de que os galegos o están pasando moi mal e que os salarios e pensións valen un 11 % menos 

10:23

Pontón a Rueda: "Vostedes están presos da estratexia electoral que lles marca o PP dende Madrid".

10:24

Pontón: "O que vivimos en Sanidade este verán foi moi lamentable".

10:25

Pontón pregúntalle a Rueda que "que vai facer o seu goberno para darlle resposta as necesidades dos cidadáns?"

10:26

Remata a intervención de Pontón e o presidente da Xunta respóndelle

10:27

Rueda manifesta que o BNG sempre está cun discurso catastrofista e que crean inquedanzas

10:28

Rueda dille a Pontón que a Xunta xa adoptou medidas de axuda ás familias como a eduación infantil gratuíta, o transporte público gratuíto para os menores de 21 anos ou tres novas vacinas para os nenos.

10:30

Remata a intervención de Rueda e Pontón respóndelle 

10:31

Pontón di que o que lle preocupa é que Rueda está desconectado da realidade e bótalle en cara que houbese altos cargos do PP no palco vip no concerto de C. Tangana

10:33

Pontón manifesta que "é un desbaldimento gastar 2,5 millóns de euros no concerto de C. Tangana coa que está caendo".

10:34

Pontón pídelle a Rueda que convoque o debate do estado da nación galega para que cada grupo presente as propostas que teñen 

10:35

Quenda de Rueda para o peche da pregunta de Pontón

10:37

Rueda: "A vostedes moléstalles moito o Xacobeo porque cren que é un éxito que se lle pode asociar ao Goberno"

10:36

Rueda dille a Pontón que se investiron 200 millóns de euros máis en atención primaria que cando eles gobernaban

10:37

Rueda manifesta que na sanidade pública hai 42.000 profesionais, 6.500 máis que cando gobernaba o BNG.

10:38

Rueda: "Seguiremos pedíndolle ao Goberno central que se convoquen as prazas MIR extraordinarios necesitamos o seu apoio".

10:39

Alfonso Rueda anuncia que o Consello da Xunta deste xoves aprobará outra edición dos bonos activa comercio, mobilizaranse 17 millóns de euros e beneficiaranse 160.00 persoas con 30 euros de desconto no pequeno comercio.

10:40

Rueda afirma que se lanzará unha nova liña de investimento para traballar cos concellos e crear 3.400 novas prazas en educación infantil.

10:40

Remata a sesión de control ao presidente da Xunta e continúa o Pleno no Parlamento de Galicia

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade