Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sete colmeas acabaron desfeitas nun ataque do oso en Cervantes

Sete colmeas acabaron desfeitas nun ataque do oso en Cervantes

Os donos do apiario afectado, situado en Cereixedo, valoran as perdas nuns 1.500 euros

Os apicultores dos Ancares toman medidas ante a recuperación desta especie protexida

Félix Aragunde 07/06/2024 14:17

O oso provocou unha desfeita nunha alvariza de Cereixedo, en Cervantes, onde estragou por completo ata sete colmeas. Así o denuncian os donos desta explotación apícola familiar, radicada no lugar de Dumia.

A visita do plantígrado saíulles cara aos apicultores propietarios destas colmeas, que valoran as perdas nuns 1.500 euros. É a outra cara da moeda da recuperación dunha especie protexida, o oso pardo, nesta serra dos Ancares, segundo sinalan os apicultores da zona.

Ángel Iglesias, apicultor: "Empeza a haber un número algo elevado de osos. Antes oías de ataques en sitios arredados, pero agora está chegando cerca. A un tiroulle sete colmeas, a outro, tres... Desde que sae de hibernar, é normal oír a cada pouco do oso a deitar colmeas".

O último ataque no mesmo apiario rexistrárase en 2019. Pasados varios anos, en outubro retiraron o pastor eléctrico, confiados en que o oso xa non había volver. Pero nada máis lonxe da realidade, posto que só en maio houbo uns 30 avisos por incidentes deste tipo en toda a comarca.

Ángel Iglesias, apicultor: "Xa implica que vas tomar medidas. Vas ter que meter un pastor, unha cámara, etc. A ninguén lle gusta chegar e ver as colmeas tiradas, e xa estás intranquilo sabendo que vai volver. É coma un ladrón, e eu creo que ve para quedar".

Así e todo, moito peores son os estragos provocados pola avespa velutina. O ano pasado, na mesma explotación apícola arrasou preto de 170 colmeas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade